PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 3 de mayo de 2020

Actividades día Europa para TODO INFANTIL. Semana do 4 ao 8 de maio.

Durante toda esta semana ímos conmemorar a Europa. As propostas de actividades son as seguintes:

✔️Escoitar o conto de "Cuadrito de viaxe pola Unión Europea". Podedes velo e intentar recordar o final do vídeo a que sitios viaxou Cuadrito.


✔️Crear a nosa propia bandeira da unión europea.  Podemos utilizar diversas técnica como o collage ou mosaico, creala con elementos que teñamos na casa (teas, xoguetes, botóns...), debuxándoa e pintándoa con acuarela, témperas... 




✔️Escribimos a palabra Europa ou a primeira letra de Europa, coa técnica do pintado con sal.

Para facer  o teu propio debuxo con sal necesitarás:
Cola de contacto
Sal
Pintura
Pincel
Papel o cartolina blanca, negra ou de color.

E agora, poñémonos mans á obra:
🔻Utiliza a cola de contacto como se fose un lápiz e fai o teu debuxo sobre o papel. Para que sexa máis doado, unha opción é facer primeiro o debuxo con un lápiz e despois si queremos calcalo cun pincel mollado en cola.
🔻Non tardar moito entre que escribes a palabra Europa e lles pos o Pegamento, para que non se seque.
🔻Unha vez teñas o teu diseño acabado, espolvorea todo o debuxo con sal procurando que as partes con cola queden ben cubertas. Espera un pouquiño e retira la sal sobrante levantando la cartulina. Verás que o debuxo hecho con cola queda con relieve.
🔻Agora é o momento de darlle cor. Engade un pouco de augua se ves que está moi denso.

Para que vos inspiredes, podedes ver aquí  unhas imaxes desta técnica.

 


✔️Escoitar o himno de Europa.   É o "Canto á Alegría" unha melodía da Novena Sinfonía de Beethoven, gran músico alemán e un dos máis importantes da historia.


✔️Aprendemos a dicir "Hola" ou "o meu nome é... “ en varios idiomas da Unión Europea.


Xogo "hola en varios idiomas". Neste xogo temos qué unir a bandeira dos países europeos (Francia, Portugal, Alemania, Reino Unido e Italia), coa su maneira de dicir "hola". 


- Coñecemos a gastronomía europea. Cociñamos un postre ou un prato europeo.


✔️Xogos didácticos sobre Europa. 

🔸Facemos un puzzle. Pica no enlace para xogar.


🔸Xogamos a emperaller banderas europeas. Pica no enlace para xogar.  


https://europa.eu/learning-corner/match-the-flags_es

✔️Actividade de investigación. Agora imos de viaxe por Europa a coñecer algúns monumentos importantes. Investiga en familia, en qué países de Europa se atopan estes monumentos, cómo se chaman...






✔️Búsqueda de fotos. Seguro que todos temos algunha foto dalgún viaxe por Europa: Portugal, Francia, Italia... anímovos a que poñades as vosas fotos nun marco decorado por vos. Podemos facer un marco con fabas, con boliñas de plastilina, con pajitas, con macarróns... co material que teñades pola casa e a continuación pegades a vosa foto nel podedes compartilas connosco a ver qué ben quedaron.





Esta semana tamén publicamos, no noso blog, propostas de cada titora (3, 4 e 5 anos) e algúns enlaces e recursos didácticos para traballar conceptos básicos, cancións, contos... para non romper coa rutina establecida.

Enviadenos as tarefas ao noso email: pequecies@gmail.com (e, por favor, non esquezades incluir como asunto do email o nome e apelidos dos vosos fillos/as). 

O feedback das tarefas pode ser en forma de foto, vídeo ou calqueira comentario da realización das mesmas. Tamén podedes contactar con nós para calqueira dúbida, dificultade que surxa ou consello que necesitedes. 
Pásade unha boa semana!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario