PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 17 de mayo de 2020

Mindfulness na casa VIII

   Ola familias!

   Comezamos semana con novas propostas.

   Meditación: A forma das nubes.- Esta actividade é ideal para facer ao aire libre pero tamén a podedes facer na casa tumbados preto dunha fiestra. Imos tumbarnos no chan e imos mirar ao ceo concentrándonos na forma das nubes e despois dun tempo observando podemos verbalizar en voz alta se atopamos  semellanza con algunha figura, animal, obxecto... Podemos falar de como cambian de forma, se se movem rápido ou lento...



   Aloumiño en parellas.- Sentamos en parellas un fronte ao outro. Observamos as nosas mans , xuntámolas unha coa outra facendo forza  e soltando, facendo forza  e soltando (repetimos varias veces). Agora pechamos as mans  e abrimos suavemente notando como se estiran, volvemos pechalas con forza e notamos como as unllas  apertan suavemente a pel. Extendemos as mans e suavemente collemos as da nosa crianza. Pasamos o dedo índice por todo o contorno, lentamente, recorrendo dedo a dedo, gozando do aloumiño. Agora imos recorrer os liñas da man e somos conscientes do cosquilleo que produce. Repetimos cambiando de man e posteriormente cambiaremos roles para recibir ambos ese aloumiño.

   Frecuencia da felicidade.- Propóñovos o visionado do seguinte vídeo. Consta dunha seria de mandalas  que van cambiando como nun caleidoscopio, a música que o acompaña favorece a relaxación. Podedes ver uns minutos ou poñelo  de fondo mentres practicades  a respiración ou unha masaxe.


   Feliz semana a todos


No hay comentarios:

Publicar un comentario