PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 24 de mayo de 2020

Actividades do 25 ao 29 de maio en 4 anos. Mestra Mónica

Comezamos felicitando a Laura, porque o día 26 de maio é o seu aniversario.  Parabéns, Laura!!! 🥳🎂🎈🎁

Aquí a miña felicitación para Laura. Parabéns!!!!  




1. Bolsa sensorial. Creamos a nosa bolsa sensorial para traballar os números, as letras e o concepto de cantidade.

Para a súa creación só necesitades:

▪️Bolsas zip para conxelar. 
▪️Cinta adhesiva resistente para sellar os laterais e evitar que o contido se derrame.
▪️Líquido ou material máis ou menos denso para encher a bolsa (xel para el pelo, aceite para bebé, agua con colorante ou tempera….)
▪️Obxectos pequeños como garbanzos, arroz, abalorios para que o alumnado poida descubrir, observar e tocar.
▪️Tamén podedes engadir purpurina para que a experiencia visual resulte máis intensa.
Aínda que o máis habitual é facelas con bolsas zip para conxelar tamén hai quen utiliza láminas para plastificar A5 ou plásticos de arquivos. 





Aquí podedes ver unha breve explicación dunha bolsa sensorial de asociación número e cantiddae (da segunda imaxe). 



2.  Tarefas de estimulación de linguaxe infantil. Aquí vos deixo unha proposta da mestra Ana, especialista en Audición e Linguaxe, que é a responsable destes obradoiros en infantil. Para poder facelas será necesario ter instalado e habilitado flash player. 

3. Creamos o nos propio dominó. Este xogo incentiva a coordinación, o respeto as quendas e xogo e axuda a adquirir os conceptos matemáticos da asociación de cantidades a números.



Como facer un dominó caseiro, materiales necesarios:

🔸28 pezas de cartón grueso (ou folio) rectangulares de 6 cm x 3 cm
🔸Lápiz ✏️
🔸Regla
🔸Papel de color que más te guste
🔸Tesoiras ✂️
🔸Puntos de diferentes cores (Debuxados con cores ou feitos con troqueladora)
🔸Pegamento
🔸Rotulador negro.

Aquí vos deixo un video explicativo de cómo facer o vosos propio dominó.


Agora toca o mellor: A Xogar en familia!!!


Tamén podemos escribir nun Folio os números do 1 ao 6 ou do 1 ao 12 e logo colocar, enriba do folio, as pezas do dominó (sumando o número que sae despois de contar as dúas partes do dominó. Por exemplo, colocar a peza con 6 puntos en cada lado enriba do número 12). 




4. Flores de papel que florecen. Experimento moi sinxelo, no que só necesitamos un papel no que debuxar unhas flores con pétalos ben separados.
Con este experimento explicamos a importancia da auga para as flores e prantas.



5. Canción para aprender atar os cordóns.

 

Propóñovos que elaboredes as vosas propias plantillas de zapatos para practicar. Necesitamos un cartón, material para decoralo (trozos de teas, abalorios, rotuladores, pompóns ou o que teñades) e uns cordóns ou la.






Agora só temos que practicar!!!

Aviso importante!! 
A vindeira semana as actividades serán propostas polo equipo de actividades complementarias e extraescolares  do noso centro, que versarán sobre o coidado e respeto ao  medio ambiente, que se festexa o 5 de maio.
Pásade unha boa semana!!! 😘😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario