PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 11 de mayo de 2020

Mindfulness na casa VII

   Ola a todos.

   A semana pasada non vos engadín ningunha tarefa nova. Esta semana tampouco o farei. Son dúas semanas especias: unha por internacional (Europa) e a outra máis nosa (letras galegas).

   Eso non quere  dicir que nos esquezamos das boas prácticas. Estou segura que seguides  realizando esas masaxes, esas respiracións , exercitando esa concentración...

   Aproveitade agora eses paseos para dar vida a esa calma interior que estivemos traballando. Escoitar os sons que nos rodean (semella que hai moitos máis paxaros  que antes), observar con calma como creceron  as follas das árbores, as cores das flores que aparecen en cada recanto...


   De contado voltaremos con novas actividades.

   Que teñades unha boa semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario