PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 31 de mayo de 2020

Actividades do 1 ao 5 de xuño. 3 anos


A primeira proposta é visionar o conto de Corre Corre Cabaciña un dos nosos preferidos da aula. Podedes velo é intentar comentar cál foi a serie dos animais: cal aparece primeiro,  cal despois..

A segunda proposta é escoitar a canción e cantala de Corre Corre Cabaciña. 


A terceira proposta é continuar traballando as series  Lóxico-matemáticas neste caso ímolo facer con xoguetes que teñamos na casa: coches, barcos, avións... Primeiro facemos series de un elemento un coche, un avión despois intercalando dous coches unha grúa, etc. Aquí tedes un exemplo.

A cuarta proposta é escoitar a canción dos números que escoitábamos na clase. Deíxovos o vídeo para que a escoitedes .


A quinta proposta é animaros a facer o experimento do Medio Ambiente da choiva precisamos espuma de afeitar, colorante alimentario, e auga. Poñemos a metade do vaso de auga, botamos espuma de afeitar e a continuación gotas de colorante que son as gotiñas da choiva.


Ademais tedes outras propostas moi divertidas do Medio Ambiente. Ánimo.
Finalmente felicitar a Thiago que está de cumpreanos Parabens Thiago.




No hay comentarios:

Publicar un comentario