PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 17 de mayo de 2020

Actividades do 19 ao 22 de Maio. 3 anos.

A primeira proposta é ver o conto ¿De qué color es un beso? . Este conto traballa as emocións algo que traballábamos na aula coa nosa mascota e nas rutinas.



A segunda proposta é adiviñar catro obxectos diferentes cos ollos vendados identificándoos polos sentidos: un polo tacto, un polo olfato, un polo oído, e un polo gusto. A ver quen os adiviña todos. 


A terceira proposta é continuar traballando os sentidos desta vez imos pintar con chocolate de comer. Fundimos o chocolate negro  e o botamos nun bol despois pintamos coas mans  ou con pincel  como prefirades. A ver que obras de arte facedes.



A cuarta proposta é xogar a imitar os diferentes movementos dos animais: elefantes... Podedes atopalo no seguinte vídeo.



A quinta proposta é imprimir os corazóns e decoralos ao noso gusto despois os podemoa unir cunha lá ou cordel  e crear un móvil para poñer na nosa habitación ou sala de estar. 


Finalmente felicitar a Saleta que está de cumpreanos o 23 de Maio: Parabens Saleta un abrazo enorme!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario