PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 17 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DO 19 AO 22 DE MAIO. 5 ANOS


Antes de comenzar coas tarefas, deixovos o vídeo dos traballos que fixestes na semana das Letras Galegas. Parabéns!






1. Canción dos días da semana.

Repasamos os días da semana con esta canción que xa a coñecedes tod@s porque a cantamos moito na aula e forma parte das rutinas. Logo imos nomeando os días da semana fixandonos no son da letra e na letra pola que comezan, separamos en sílabas acompañando con palmas...


A continuación podedes facer un calendario semanal onde escribir os días da semana parando o vídeo para poder copialos se fose necesario,  facer un pequeno debuxo do que fixestes ese día ou o tempo que fai ( sol, nube), escribir o mes no que estamos, anotar o día do mes, (podedes fixarvos nalgún calendario que teñades na casa) escribir algunha palabra relacionada con algo que fixestes ese día da semana. Deixovos este modelo pero non o tedes que imprimir. Podedes elaborar o voso propio nun folio, cartulina... Logo podedes decoralo como queirades.


Tamén podedes escoitar como papá ou mamá che recitan esta poesía dos días da semana.



2. Visionado do filme de OQO "El viaje de las mariposas"


A continuación podes facer unha bolboreta coa técnica que máis che guste. Pode ser algunha destas ou outra.





Froita creativa: Tamén podedes crear unha mariposa con froita. Será moi divertido!





Con este vídeo aprenderedes moitas cousas sobre os insectos:






3. Debuxamos cos números. Colle papel e rotulador, lapis...
Primeiro escribe os números e logo fai un debuxo que queiras a partir dese número. 



Se escribes un 6 e un 4 debaixo podes facer o teu retrato.



4. Continuamos traballando a conciencia fonolóxica coa seguinte proposta, un xogo de rimas:




Agora intenta atopar a letra perdida:





Que pasedes boa semana!





No hay comentarios:

Publicar un comentario