PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 9 de marzo de 2021

Experimentos relacionados coa charla de Pilar en 5 anos

Onte coñecemos a Pilar, unha enxeñeira industrial, que nos explicou un pouco o seu traballo.
Ela traballa no sector da automoción e, concretamente, na visión artificial. 
Nun video que nos mandou á aula, explicounos como os coches hoxe en día teñen cámaras por fóra e por dentro. O motivo desas cámaras é para evitar accidentes e despistes por parte do conductor/a.
Así que para entender mellor todo o que ela nos explicou, hoxe puxemos en práctica 2 experimentos, porque nos encanta experimentar e descubrir novas cousas. 
Estes experimentos están relacionados co aumento da temperatura e a disminución de osíxeno no interior dos coches. 
Pilar explicounos que, ás veces, se colocan cámaras no interior dos coches, por exemplo, para avisarnos se cando estacionados un vehículo, deixamos unha mascota ou un neno/a no interior do coche. 
Decidimos experimentar para saber se a temperatura aumenta no interior dun coche estacionado ao sol. 
Levamos a cabo 2 experimentos:

✔️ Experimento 1: Sube ou non a temperatura no interior dos coches?

Enchemos dous vasos de auga, colocámolos ao sol. Un deles tapado cunha cunca de cristal (que representa o coche coas portas e finestras pechadas). Deixámolos ao sol durante boa parte da mañá. Despois facemos hipotese: se o auga fose un cadeliño, como sería a súa temperatura dentro do coche e fóra? 
Despois cada neno/a meteu un dedo na auga destapada e outro auga tapada e comprobaron que a auga tapada (a que representaba o interior do coche) estaba moitísimos máis quente. 
Conclusión: a temperatura aumenta no interior dos coches considerablemente coas portas e finestras pechadas. 

✔️ Experimento 2: Desaparece o osíxeno nos coches pechados?

Para elo, colocamos una vela encendida nun prato con auga e tapamos a vela cun vaso. 
A vela se apagará ou permanecerá encendida? 
Facemos hipoteses e finalmente comprobamos que a vela se apaga, eso quere dicir que disminúe o osíxeno no interior dos coches pechados. 

Despois de todas esta experimentación, facemos unha choiva de ideas entre todos porque aínda temos alguna dúbida sobre a charla de Pilar. 
En concreto temos 12 dúbidas

Pero non podemos facerlle tantas preguntas a Pilar... porque o resto do colexio tamén terá dúbidas. Seleccionamos unha, entre todos/as, e grabamos un video para mandárllelo a Pilar, esperando que nos conteste axiña.

Aquí vos deixo un resumo de toda a actividade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario