PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 16 de marzo de 2021

Sudoku numérico en 5 anos

Hoxe volvemos repetir o xogo do sudoku, pero nesta ocasión fixemos un sudoku numérico.


É moi importante traballar este tipo de xogos frecuentemente para que nos esquezamos as súas regras.
Primeiro escribimos nunha mini pizarra o nome do xogo. Despois, un a un, saímos todos a colocar os números no panel do sudoku.

Finalmente fixemos unha ficha relacionada con esta actividade. 

Pero tamén tivemos tempo de traballar as nosas relaciones sociais.

Na pizarra individual tiñamos que debuxar ao noso mellor amigo/a da aula.
Como todos as persoas somos diferentes, as respostas do alumnado tamén foron moi variadas: algúns elixiron a un só neno ou nena, outros a varios compañeiros/as e  mesmo algúns, a toda a clase.

 
Para ilustrar esta bonita actividade fixemos unha foto con eses amigos/as e os noso debuxos. 
Para a foto en grupo tivemos que conectar o temporalizador da cámara de fotos (do que xa falaramos fai uns días noutra ficha de secuenciación de viñetas) e facer varias tomas porque, como sucedía naquela ficha, non conseguimos saír todos na primeira toma. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario