PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 26 de marzo de 2021

Regletas en 5 anos

A clase de hoxe xirou en torno ao número 10.
Primeiro taballamos o número 10, compoñendo a serie numérica e  troquelando os números do 1 ao 10.

Tamén iniciámonos no uso das regletas. Este material representa os números do 1 ao 10 e cada peza está asociada a un cor e ten unha determinada loxintude.. Así a regreta do 1 (a branca) mide 1 cm, a do 2 (a vermella) mide 2 cm e así ata chegar ao 10.

Con este material traballamos o razonamento lóxico matemático, posto que ten múltiples posibilidades: sumas, descomposición de números, equilibrios, medidas, pirámides, creación de debuxos...
Hoxe centrámonos só na pirámide e descomposición de números e sumas, pero en posteriores clase traballaremos os demais conceptos.

Ademáis como era o último día do mes de marzo que tiñamos clase, antes das vacacións, tocaba facer o rexistro meteorolóxico de marzo.

Despois comparamos o rexistro meteorolóxico deste mes cos meses anteriores.

E sacamos as nosas propias conclusións sobre o clima: en marzo houbo máis días de sol, en febreiro de sol e nubes e en decembro nubrados e chuviosos.

A conclusión a que chegamos finalmente foi que en inverno fai máis días chuviosos e nubrados e a medida que nos acercamos á primaveira os días son máis soleados. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario