PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 2 de marzo de 2021

Estampamos a silueta das letras en 5 anos

Hoxe empregamos una técnica nova para facer un fondo para as nosas ilustracións de Anna Llenas que fixemos a semana pasada co papel de rascar.
Nesta ocasión empregamos a técnica da estampación de siluetas. Esta técnica consta de 3 pasos. 
Hoxe só tivemos tempo de facer os dous primeiro pasos:

1. Escribimos as letras con whasi tapes. Este paso foi un pouco laborioso porque tiñamos que cortar trociños de whasi tapes e a partir deles ir construindo as diferentes letras, para compoñer o nome da ilustradora. Pero tiñamos que facelo nun determinado espacio: o nome na parte de enriba, o apelido na parte inferior e deixando a parte central para poder pegar posteriormente a nosa ilustración. Tivemos que repetir algunhas letras porque ao principio as faciamos demasiado grandes e non deixabamos espacio suficiente na parte central, pero finalmente todos o conseguimos!!! 👏🏻👏🏻

2. Estampamos todo o folio con esponxas  e empregamos 3 cores. 

3. Quitamos o whasi tapes e aparece a silueta das letras en branco (este paso aínda non tivemos tempo de facelo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario