PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 1 de marzo de 2021

Rutinas inicio mes en 5 anos

Hoxe comezamos un novo mes: MARZO.
Cada vez que iniciamos un mes o encargado/a debe escribir no calendario os días que ten ese mes, neste caso 31 días. Despois marcamos no calendario todos os eventos que temos neste mes: aniversarios, celebracións e conmemoracións.
Tamén facemos o rexistro meteorolóxico do mes que acaba de rematar. Nesta ocasión descubrimos que en febreiro hubo máis días de sol e nubes.
Ademais hoxe iniciamos unha nova rutina: o bote das preguntas. 
Cada día o encargado/a sacará unha pregunta do bote, o que favorecerá a súa expresión oral e un maior coñecemento da persoa, dos seus intereses e inquedanzas.

Tamén iniciámonos nun xogo de simetrías, onde cada alumno debía completar unha figura, un trazo ou un conxunto de trazos. Quedaron con ganas de xogar máis... así que repetiremos o xogo noutra ocasión, complicando aínda máis os trazos e empregando diversos elementos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario