PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 12 de marzo de 2021

Edición especial "A voz do CEIP Illas Cíes" en 5 anos

Onte creamos as nosas páxinas da edición especial do noso xornal "A voz do CEIP Illas Cíes".


E hoxe tocaba escribir as noticias e decorar o noso xornal de aula. 


 
Cada alumno/a elixiu a noticia que quería plasmar, relacionada con algún suceso que aconteceu na nosa aula ao longo deste curso (e que pensamos onte),  escribiu o titular da mesma e finalmente seleccionou a imaxe que mellor plasmaba esa noticia.

Tamén tivemos tempo de xogar un pouco por rincóns para deixar voar a nosa creatividade e imaxinación. 

Todo un gusto descobrer as cousas que crean en equipo e como emocionados ensínanllas aos membros dos demais equipos e a min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario