PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 15 de marzo de 2021

Xogos simetrías e prantación cebolas en 5 anos

Hoxe fixemos unha ficha relacionada co concepto matemático das simetrías, un concepto un pouco complexo de entender.


Para afianzar mellor o concepto, xogamos coas simetrías e as regletas.
Eu reproducía un patrón nunha recta e o alumnado tiña que terminar o patrón, na parte inferior da recta.
Hai algún tempo, xa fixeramos un xogo similar, pero nesa ocasión tiñan que completar o patrón, debuxándoo. 

Encántanlles este tipo de xogos e xa me están a pedir que o repitamos noutra ocasión.

Ademais hoxe tócounos volver á horta con Pepe. Nesta ocasión prantamos cebolas. Primeros usamos o sacho para remexer a terra, fixemos uns buraquiños, prantamos as cebollas e finalmente regámolas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario