PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 24 de marzo de 2021

Reproducción de patróns en movementos en 5 anos

Hoxe practicamos cun xogo de orientación que temos na aula. 

Comezamos amosando o xogo ao alumnado e explicando a dinámica do mesmo. 
O xogo consiste en reproducir o patrón dunha figura en movemento . Para elo contamos con diversas tarxetas con diferentes posicións do corpo humano. 

✔️ Primeiro temos que crear ese patrón con paos e corchos, que representan as partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades.
✔️ Logo temos que fixarnos na orientación do patrón, traballando así conceptos como dereita e esquerda.
✔️ E finalmente tentamos de recrear ese movemento co noso propio corpo.

Logo fixemos a mesma actividade nos grupos de traballo pero empregando as tapas dos nosos rotuladores.

E finalmente os nenos/as inventaron os seus propios patróns de movemento, algúns realmente orixinais. 

No seguinte vídeo podedes ver todos os patróns que creamos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario