PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 11 de marzo de 2021

Semana da prensa e iniciación a robótica en 5 anos

Esta semana celébrase a semana da prensa na escolas. 
Na nosa aula decidimos crear o noso propio xornal: "A voz do CEIP Illas Cíes", con noticias relacionadas coa aula. Primeiro observamos diversos xornais escritos e dixitais e analizamos as seccións que conteñen: educación, deporte, sanidade, publicidade, meteoroloxía...

Despois vemos que todas as noticias levan un título (o titular), unha imaxe e un texto descriptivo.
Partindo destes conceptos, ocórreusenos a idea de crear un xornal con noticias da nosa aula, con todos aqueles acontecemetos importantes que cremos que debemos destacar.
Entre todos decidimos que as noticias destacadas da aula son: a visita de Greta Thunberg, a cociña saudable da semana da froita, Anna Llenas e as súas ilustracións, as manualidades de Nadal, o día de Rosalía de Castro, a charla de Pilar sobre a automoción, o robot Perseverance que foi a Marte (do que nos falou Pilar na súa charla e do que estamos a investigar cousas pouco a pouco), os experimentos do cambio climático...
Mañá cada neno/a elixirá unha imaxe ilustrativa que represente a noticia e escribirá o titular da mesma.
Pero hoxe dímonos conta que o papel dos periódicos era un pouco diferente aos folios da aula, así que decidimos converter os folios en papel de periódico. Pero como? Pois pintándoos con café e coa axuda de pipetas.

Despois a profe Melania veu a nosa aula cunha incríble sorpresa. Trouxo dous caixiñas e dentro delas había dous escarnabots (robots). Un, que viña xa montado e outro que tiñamos que montar entre todos.

Explicounos as partes que o compoñían e comezamos mans a obra a construir o noso propio robot, que permanecerá na aula no terceiro trimestre para que podamos utilizalo en moitísimas actividades.

Deixo un video co resumo de todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario