PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo: Día internacional da muller. En 5 anos

Hoxe conmemoramos o día internacional da muller.
Este ano creamos entre todas as aulas do colexio, un mural en forma de flor, onde cada pétalo tiña como protagonista unha gran muller. 

As seleccionadas foron:
- Yayoi Kusama, artista
- Cleopatra, raíña exipcia
- Anna Llenas, ilustradora infantil
- Katherine Johnson, matemática, física e científica que traballou na NASA
- Celia Rivas, primeira conductora de camións 
- Elisa Patiño, primeira aviadora galega 
- Ángela Ruiz Robles, creou o primeiro libro electrónico 
- Clara Campoamor, impulsora do voto feminino
- Rena Kanokogi, deportista que conseguiu que o judo feminino se incluise nos Xogos Olímpicos. 
- Joanne Rowling, escritora de Harry Potter, empregou o seudónimo J. K. ROWLING, porque o seu editor cría que ninguén lería o seu libro, se sabían que estaba escrito por unha muller.

A primeira hora da mañá fomos visitar o mural e coñecemos a todas esas grandes mulleres e a súa historia.
Chamounos moito a atención a historia de Clara Campoamor. Para entender mellor a súa aportación á historia, imaxinámonos como sería o mundo antes, onde as mulleres non podían votar. Para elo puxemos como exemplo cando na aula votamos o xogo que queremos escoller cada equipo. Imaxinamos qué pasaría se en cada equipo de traballo só pudiesen votar os nenos. Todas as nenas atopámolo inxusto, pero tamén os nenos crían que eso non podía suceder e que o mellor e votar entre todos/as. 
De Rena konokogi coñecemos que en 1959 gañou unha medalla nun combate de judo, pero para elo tivo que disfrazarse de home para poder competir. 
Quedamos abraiados con que tivese que vestirse de home para poder competir en judo, e que tivesen que devolver a súa medalla, aínda sendo a mellor, só por ser unha muller. 
É finalmente, de J. K. Rowling sorprendeunos que a maioria das persoas pensarán que era un home, só polas súas iniciais. 
Así que fixemos un xogo parecido na aula, onde a mestra puxo as iniciais dunha persoa famosa e os nenos/as debían intentar averiguar se era home ou muller e como se chamaba.

Finalmente rematamos a xornada coñecendo a Pilar, unha enxeñeira industrial, que nos explicou a través dun vídeo en que consiste o seu traballo e como aínda hoxe en día continúa sendo un traballo onde maioritariamente hai máis homes ca mulleres. Cóntounos que cando ela estudiaba soamente eran dúas rapazas na carreira e o resto eran homes. Explicounos que hoxe hai máis mulleres pero aínda non se conseguiu a paridade.

Falounos un pouco do seu traballo, que é na sección da visión artificial da automoción  e falounos un pouco en que consiste o traballo dos enxeñeiros/as industriais, que traballan con máquinas e robots.
Foi todo moi interesante!! 
Un xornada de moita reflexión, diálogo e investigación!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario